habitacion

As habitacións

“Un espazo para relaxarse e gozar da paisaxe”

O hotel é un antigo pazo reformado, e iso nótase na súa arquitectura tradicional. Iso si, as habitacións de O Xardín de Julia transmiten funcionalidade e sencillez. Un estilo limpo e luminoso, onde os grandes ventanais en galería permiten que protagonismo recaia nas espectaculares vistas a zonas emblemáticas de Santiago coma o parque de Belvís e, ao fondo, o monte Gaiás coa Cidade da Cultura.

Pedra e madeira, cores claras e armoniosas, baños privados de diseño limpo e moderno. Todo nas nosas habitacións invita a relaxarse, esquecerse do mundo e descansar despois da viaxe ou tras unha intensa xornada percorrendo a cidade e os seus arredores.

Todas as nosas habitacións están equipadas con conexión wifi, calefacción… e todas as comodidades que necesitas para gozar da túa estancia connosco. E sen engadidos superfluos, que recarguen o ambiente e rompan co espíritu funcional e diáfano dun espazo con todo o espírito do norte.

habitacion 08
habitacion 12
habitacion 09
Icono para ir arriba